Usuario final > Aceptación de Terceiro Interposto (ES-GL)

Ambas partes conveñen a perfección do presente contrato de forma electrónica co concurso dun terceiro interposto que actúa como prestador de servizos de confianza. Para elo, PREDISPOÑENTE ou LOGALTY remitirá ao ADHERENTE, ao enderezo de correo electrónico que indique, a información precontractual ou un exemplar do contrato.

Para o acceso por parte do ADHERENTE a esta información, LOGALTY porá á súa disposición os mecanismos para acreditar o acceso a esta. Unha vez acreditado este acceso, o ADHERENTE poderá, trala súa lectura, proceder á aceptación das condicións recollidas no contrato mediante os mecanismos proporcionados por LOGALTY, xerando deste xeito unha proba electrónica da aceptación das mesmas.

LOGALTY remitirá tanto ao PREDISPOÑENTE como ao ADHERENTE un certificado electrónico acreditativo da formalización do contrato. O ADHERENTE recibirá este certificado no enderezo de correo electrónico indicado a tal efecto.

Para garantir a eficacia xurídica do procedemento descrito, ambas partes conveñen en:

  • Aceptar a LOGALTY como terceiro interposto na transacción, encomendándolle a xeración e custodia por un prazo mínimo de cinco anos da proba acreditativa de dita transacción.
  • De acordo co establecido no artigo 3.10 da vixente Lei de Sinatura Electrónica, ambas partes aceptan que a utilización dos mecanismos de sinatura electrónica propostos por LOGALTY (enunciados a continuación), terán para estas plena eficacia e validez xurídica.
  • Para a prestación do servizo de LOGALTY como terceiro interposto, informámolo da posta a disposición a Logalty dos datos necesarios para a prestación do servizo de confianza, coa única finalidade da xeración e custodia da proba electrónica acreditativa da existencia e contido da transacción da que se trate.
  • Como resultado do anteriormente exposto, LOGALTY será considerado como un encargado do tratamento dos regulados no artigo 28 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, e a lexislación nacional que o complemente, coas obrigacións inherentes a esta figura.

 

Os mecanismos para o acceso e aceptación de condicións postos a disposición por LOGALTY son os seguintes:

  • Sinatura electrónica recoñecida do ADHERENTE
  • Sinatura de trazo manuscrito sobre un dispositivo electrónico
  • Código de operación (PIN) remitido mediante SMS ao ADHERENTE quen o introducirá, no seu caso, na web de LOGALTY
  • Código de operación (PIN) remitido mediante VOZ ao ADHERENTE quen o introducirá, no seu caso, na web de LOGALTY